Casa Currás

Cocido

Quere saber que comida é o cocido de Lalín?

é a comida do día da festa na casa dos labradores
pobres

é un prato que leva o mellor que teñen en cada casa

a carne de porco é o ingrediente estrela, porque o
porco hai que o criar, hai que o manter, hai que o
matar e hai que o curar, e cada parte ten un sabor
distinto, o cocido ten esa sorpresa dos sabores
distintos

e inda se matiza con outras carnes: agulla de vaca e
unha galiña

pero iso non é todo, tamén hai que recoller e
gardar, da horta e das leiras:

entre decembro, xaneiro e febreiro, as nabizas e os
grelos, e en setembro as patacas, e en préstamo
mesetario os garabanzos, que en Portugal chaman
grau de bico

un anaco de unto, que tamén é do porco, envolve
todos os sabores

e primeiro de todo a sopa, se a sopa do cocido sabe
a gloria hai que comer pouca, porque a sopa avisa
do que vén despois, e non é brincadeira dicir que a
sopa feita na auga do cocido é medicinal: parapeto
contra o frío e conforto da alma

e o pan sempre á man, o pan de Lalín!, sen pan non
se come

e despois as sobremesas de antigas receitas: as
orellas, as filloas con mel, as canas de crema, o leite
frito, o queixo con doce de marmelo, e na cima
desta montaña golosa, o flan, e o café despois! e os
licores de bagazo

lembren que nas casas de labranza había de todo e
non había de nada

pensen que os mellores bocados gardábanse e
cociñábanse ese día

e pensen que hoxe ustedes asisten a unha festa que
é a festa do mellor que había en cada casa. O mellor
que hai nesta casa

Casa Currás