Casa Currás é unha casa de comidas con historias
ÁRBORE XENEALÓXICA…
Casa Currás é unha casa de comidas na que has atopar unha familia implicada na hostalaría e un territorio representado no prato
Catro xeracións desta familia foron moldeando a actual Casa Currás, e eles cóntano así:
Grandes manxares, tempos estreitos, moitos recordos
Nosa bisavoa Esperanza veu de Alfonselle, e noso bisavó Manuel, O Pamplinas, de Ventosa. Alá no difícil 1941, estableceron o Bar Pepe na praza da Igrexa: O piso era de terra e non había baño, había que ir mexar fóra. Na praza só había tres casas, dous palleiros e unha fonte, e aínda a igrexa non tiña o caperucho… Traballábase a diario coa xente que tomaba as “chiquitas” e polas feiras preparábase algún prato tradicional: a carne asada, a carne ao caldeiro, os callos, as costeletas con patacas fritidas…
Vivimos nunha economía circular
No 1963, nosos avós, Julita e Pepe, tomaron o relevo. El buscaba pola contorna xamóns, chourizos e queixos do país, tamén caza no tempo dela.
Ela comezou a facer algúns cocidos por encarga. O cocido sempre foi comida de aquí, de grupos e longas sobremesas
A Feira do Cocido e o Camiño de Inverno, internacionalizaron o prato. Andamos do 1968 para diante, sen parar, como pasa o tempo.
Despois, noso pai, José Antonio e noso tío Ángel, fillos de Julita e Pepe, especializáronse en cadansúa rama hostalaría no novo local da praza da Igrexa, un pouco máis abaixo do primeiro que tiveran nosos bisavós. Sobre a casa que eles levantaran, están: A nivel da praza, o café bar O Currás de Ángel, cos nosos curmáns, Ana e Manuel, e baixando as escaleiras, a Casa Currás dos cocidos de Julita, José Antonio.
Na cociña e no trato, acabas atopando unha raíz
Nos anos 80 e 90, Lalín era, nas noites de fin de semana, un fervedoiro de xente nova e Casa Currás especializouse en repoñerlles as forzas e asentarlles o espírito en madrugadas nas que se retiraban de batallas e bailes
Daquelas, miña irmá María e máis eu inda xogabamos entre potas e tixolas. De aí partiron os meus anos de formación culinaria contemporánea
E agora abrimos esta nova Casa Currás, na rúa Rosalía de Castro
Como curiosidade
Alberto e outro restaurador, levaron no 2022, o afamado prato a Miami, e como non puideron entrar no país con ningún produto de aquí, tiveron que chegar e comezar por salgar a carne fresca de porco para desalgala a continuación…
Así foi que aos de alí encantoulles e aos de aquí…
Isto demostra que, malia o Cocido de Lalín se poder traducir, mellor vilo comer a Casa Currás
Aah… e tamén teñen carta variada. Por variar
Bo proveito. Gozatu. Bon profit. Buen provecho. Bon appetit. Godere. Enjoy.